viernes, 7 de junio de 2019

Revista especializada

Ciclofood App

 Unha maneira rápida e sinxela de disfrutar da comida.


        Nos últimos anos, as aplicacións para realizar pedidos de comida a domicilio puxéronse moi de moda, xa que facilitan enormemente a vida de moita xente, dando a posibilidade de pedir o que se queira en calquer momento a través dun dispositivo móbil ou ordenador.

A MELLOR APLICACIÓN DE COMIDA A DOMICILIO


         O principal problema que ten a xente é que en moitas ocasións, debido a problemas persoais ou laborais, non teñen tempo para poñerse a cociñar, polo que acuden a este tipo de aplicacións para aforrar tempo.




         En CicloFood pretendemos facer que o cliente perda o menor tempo posible e tamén queremos que esté informado en todo momento informado polo estado do seu pedido.

SINXELA, CÓMODA E FÁCIL DE EMPREGAR


O funcionamento é moi sinxelo e intuitivo. Se o cliente ten a necesidade de facer un pedido para saciar a súa fame, non ten máis que entrar na aplicación e, dende o primeiro momento, os pasos que debe seguir estarán perfectamente indicados.
 
           
 



O primeiro que debemos facer será pulsar  o botón "realizar pedido". Automáticamente aparecerá unha nova xanela na que debemos elixir or restaurante ao que pediremos a comida.



             








   
    Unha vez escollamos o restaurante ao que faremos o pedido, debemos elixir a comida, o postre, a bebida e o tipo de transporte. Posteriormente debemos pulsar no botón “confirmar pedido” para revisar que todo esté en orde. Se é así, pulsaremos no botón sí e introduciremos o noso correo electrónico. Xusto despois, daremoslle a “enviar pedido” e aparecerá unha nova xanela coa factura do pedido, a que o cliente deberá engadir un número de teléfono de contacto e unha dirección para o envío. Logo pulsaremos na frecha de enriba a dereita para finalizar, e unha mensaxe chegará ao noso correo coa factura do pedido.
           Con isto conseguiremos que o cliente poida mandar unha mensaxe en calquera momento en caso de ter dúbidas co pedido, e en cuestión dunha media hora poderá estar disfrutando da comida.

         
           Lembrade, sempre que busquedes unha maneira de facer un pedido a domicilio, descargádevos “Ciclofood”!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario